13.9 C
A Coruña
sábado 5 octubre 2024
A Coruña
cielo claro
13.9 ° C
14.9 °
13.2 °
94 %
1.5kmh
0 %
Jue
21 °
Vie
22 °
Sáb
20 °
Dom
19 °
Lun
20 °
spot_imgspot_img
InicioUrbanismoO Concello inicia a reforma da rúa Cabana para mellorar a accesibilidade...

O Concello inicia a reforma da rúa Cabana para mellorar a accesibilidade e gañar novos espazos públicos

O Goberno local leva investidos máis de 1,3 millóns de euros no barrio de Catro Camiños

O Concello ten previsto comezar a vindeira semana a reforma da rúa Cabana co fin de mellorar o pavimento da calzada, ampliar os espazos públicos e garantir a accesibilidade ás persoas residentes. A reforma ten un orzamento de 178.391 euros.
Este proxecto, explicou a la alcaldesa, Inés Rey, enmárcase dentro das actuacións para mellorar a mobilidade e a accesibilidade que o Goberno local está a desenvolver nunha aposta clara polas persoas e por recuperar espazos urbanos de calidade. “A nosa intención é ampliar e mellorar as infraestruturas en todos os barrios”, apunta a alcaldesa.

Con esta actuación, preténdese mellorar o estado do pavimento da rúa e ampliar os espazos destinados ás persoas coa construción dunha beirarrúa de 1,8 metros de ancho as carón dos edificios. Ademais, melloraranse os servizos públicos. Tamén se mellorará a iluminación, o mobiliario urbano e plantaranse árbores.

Os traballos súmanse a outros desenvoltos no barrio de Catro Camiños en que o Goberno leva investidos 1,3 millóns de euros: a reparación do pavimento na rúa Costa da Palloza; a renovación da rúa Alcalde Puga y Parga; a reposición de laxas na Estación de Autobuses, zona saídas; a mellora da zona de xogos de lecer na Praza da Fábrica de Tabacos; a construción da glorieta na avenida de Salgado Torres coa rúa Pérez Ardá; a ampliación da calzada no ramal de acceso á rúa Castiñeiras Abaixo desde a avenida de Alfonso Molina; a reurbanización de Mariscal Pardo de
Cela e a reforma do Remanso para uso social.

As obras enmárcanse no Plan Coruña Camiña co que o Goberno está a mellorar a
accesibilidade e a recuperar rúas para as persoas camiñantes co fin de construír unha
Coruña máis sustentable. No marco deste plan estase a habilitar por fases unha rolda
peonil de 3,5 km que unirá o parque de San Diego co futuro parque da Agra co fin de
darlles protagonismo ás persoas, calmar o tráfico e impulsar o uso da bicicleta.

Doutra banda, con fin de mellorar a accesibilidade na rolda de Nelle, a Concellería de
Infraestruturas ten previsto ampliar a beirarrúa no tramo que descorre no lateral de
San Pedro de Mezonzo. Os traballos, que contan cun orzamento de 70.000 euros,
consisten na ampliación da beirarrúa e a colocación dunha varanda para garantir a
seguridade das persoas. O prazo de execución é de dous meses.

Redacción
Redacción
Contenido publicado por la redacción de Noticias Coruña.
ARTÍCULOS RELACIONADOS

SÍGUENOS EN REDES SOCIALES

spot_img

Últimas publicaciones

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies