13.9 C
A Coruña
miércoles 6 noviembre 2024
A Coruña
cielo claro
13.9 ° C
14.9 °
13.2 °
94 %
1.5kmh
0 %
Jue
21 °
Vie
22 °
Sáb
20 °
Dom
19 °
Lun
20 °
spot_imgspot_img
InicioSociedadO Concello inviste 650.000 euros en mellorar e reforzar os ...

O Concello inviste 650.000 euros en mellorar e reforzar os equipamentos da Policía Local

Hoxe o concelleiro de Seguridade Cidadá, Juan Ignacio Borrego, presentou sete novos vehículos

Porase en marcha un sistema de multa móbil que se poderá habilitar en calquera vehículo

O Concello da Coruña segue a renovar a súa frota de vehículos da Policía Local co obxectivo de mellorar a seguridade da veciñanza e dos propios axentes. O concelleiro de Seguridade Cidadá, Juan Ignacio Borrego, presentou sete novos vehículos patrulla aos que se sumarán en breve cinco furgonetas con distintivo para as patrullas de barrio que xa foron adxudicadas e que están a espera da súa subministración. Trátase dun investimento de 349.206 euros, que inclúe o renting dos vehículos até o 31 de xullo de 2025. O edil anunciou ademais que en breve porase en marcha un sistema de multa móbil, que se poderá adaptar en calquera vehículo. O sistema permitirá mellorar e axilizar o servizo de control nas rúas.

“Deste modo, o Goberno de Inés Rey cumpre coas demandas da Policía Local da Coruña, a renovación dos seus medios móbiles, e reforza os seus equipamentos para poder desenvolver a súa actividade con seguridade”, dixo o concelleiro, quen explicou que o Goberno local inviste preto de 650.000 euros en melloras materiais para a Policía Local.

Dos sete vehículos, un será empregado pola Sección de Disciplina Viaria da Unidade de Tráfico, e a súa principal misión fundamental será detectar infraccións de tráfico. Trátase dun vehículo que incorpora cámaras de gravación e medios tecnolóxicos conectados á base de datos da DGT para a comprobación automática de documentación. Os demais vehículos destinaranse á Unidade de Convivencia e Seguridade: 4 para patrullas de zona para cubrir as catro áreas policiais en que está distribuída a cidade; 1 vehículo para a patrulla planificada (coche patrulla de apoio ás demais seccións policiais) e outro para a patrulla de apoio á mobilidade (principalmente control de estacionamentos prohibidos).

Todos os vehículos van equipados con 2 chalecos antibalas e antipicadas, unha banda redutora de velocidade con elementos reflectores; un anciño para deter vehículos e un xogo de oito tetrápodos compactos para realizar controis e sinalizacións.

Doutra banda, Borrego sinalou que os 300 chalecos antibalas e antipicadas, adxudicados xa por un importe de 172.000 euros, serán entregados ao longo deste verán. Ademais, adquiriuse tamén novo vestiario para as e os axentes de Policía.

O edil lembrou que no mes de abril entregáronse 7 bicicletas e 2 vehículos novos por un importe total de 65.949 euros. Todo isto, neste ano, fai un total de 14 vehículos e 7 bicicletas, todos eles novos.

E, por último, destináronse tamén 66.000 euros ao servizo de mantemento e reparación integral dos vehículos da Policía Local.

Redacción
Redacción
Contenido publicado por la redacción de Noticias Coruña.
ARTÍCULOS RELACIONADOS

SÍGUENOS EN REDES SOCIALES

spot_img

Últimas publicaciones

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies