12.6 C
A Coruña
miércoles 27 septiembre 2023
InicioUrbanismoO Concello une os barrios do Birloque e Matogrande a través dun...

O Concello une os barrios do Birloque e Matogrande a través dun sendeiro peonil

Na obra delimitarase a avenida de San Cristovo cun espazo reservado ás e aos peóns e a intención de facer da Coruña, unha cidade máis amable e sostible

O Concello traballa desde esta semana na conexión peonil entre O Birloque e Matogrande delimitando a avenida de San Cristovo cunha barreira simple de formigón na marxe da beiravía e unha varanda de aceiro no outro lado co fin de evitar así caídas. Deste xeito, comunicaranse a pé estes dous barrios tal e como viña demandando a veciñanza desde hai moito tempo e dentro da premisa do Goberno de Inés Rey de facer unha cidade máis amable e sostible.

A actuación, que vén dos orzamentos participativos, conectará en tres meses estes novos tramos coas beirarrúas existentes a través de dous pasos peonís. Un situarase no ramal de incorporación á avenida de Alfonso Molina desde San Cristovo e outro localizarase na desviación á avenida San Cristovo desde Lavedra. Cun orzamento de máis de 72.000 euros, habilitarase un sendeiro de 1,80 metros de ancho como mínimo, tal e como o recomendan as normativas de accesibilidade e utilización dos espazos públicos urbanizados.

Así mesmo, instalaranse illas de pavimento de formigón coloreado para protexer o inicio e final do itinerario e o tramo estará protexido pola barreira de formigón. Ademais, disporase dunha zona axardinada na unión entre o ramal de acceso e a avenida San Cristovo e colocorase sinalización vertical e horizontal, balizamento e defensas de cara a rebaixar a velocidade dos coches e conseguir unha mobilidade branda. Con esta obra, o Concello continúa executando os proxectos de orzamentos participativos de anos anteriores.

Redacción
Redacción
Contenido publicado por la redacción de Noticias Coruña.
ARTÍCULOS RELACIONADOS

SÍGUENOS EN REDES SOCIALES

spot_img

Últimas publicaciones

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies