13.9 C
A Coruña
lunes 7 octubre 2024
A Coruña
cielo claro
13.9 ° C
14.9 °
13.2 °
94 %
1.5kmh
0 %
Jue
21 °
Vie
22 °
Sáb
20 °
Dom
19 °
Lun
20 °
spot_imgspot_img
InicioSociedadO Goberno de Inés Rey pon en marcha “Na Coruña Contas”, o...

O Goberno de Inés Rey pon en marcha “Na Coruña Contas”, o novo plan de orzamentos participativos por 2,5 millóns de euros

A cidadanía poderá propor e escoller investimentos para todo o ámbito da cidade por valor de 1 millón de euros, e actuacións por un valor total de 1,5 millóns de euros a implantar en todos os distritos

O Goberno de Inés Rey vén de poñer en marcha o novo plan de orzamentos participativos que, baixo a denominación “Na Coruña Contas”, permitirá aos cidadáns propor e escoller proxectos a realizar na cidade por un valor total de 2,5 millóns de euros.

A cidadanía poderá presentar as súas propostas desde o vindeiro luns día 20, e terán un prazo de 15 días para facer chegar, de xeito telemático ou presencial, as súas achegas.

O plan foi posto en marcha pola Concellería de Benestar Social, que dirixe Yoya Neira, e foi presentado hoxe en María Pita polo voceiro do executivo, José Manuel Lage Tuñas. Na Coruña Contas é “un proxecto para fomentar a implicación cidadá no Goberno da cidade, e un plan que da resposta tamén aos acordos aos que temos chegado coa Marea Atlántica”, indicou o edil.

A cidadanía poderá propor e escoller investimentos de ámbito municipal por valor de 1 millón de euros. Ademais, tamén poderán propor e escoller investimentos por un valor total de 1,5 millóns de euros a repartir nos distintos barrios da Coruña, a razón de 150.000 euros cada distrito censal.

Nesta ocasión, ademais da participación telemática no proceso (a través da web nacorunacontas.coruna.gal), tamén poderanse votar e enviar propostas de xeito presencial tanto en María Pita como no Ágora e no Fórum, explicou Lage Tuñas.
O Concello, ademais, informará ás persoas interesadas desde a súa rede de bibliotecas, centros cívicos e rede de puntos de información xuvenil.

Na Coruña Contas desenvolverase en tres fases, a primeira delas, que arrinca o vindeiro luns día 20 e chega ata o 5 de outubro, será a de presentación de propostas. Unha vez recibidas, os técnicos municipais validarán aqueles proxectos que sexan tecnicamente viables e de competencia municipal.

A seguinte fase, coas primeiras votacións, terá lugar entre os días 18 e 25 de outubro, e nela calquera persoa maior de 16 anos empadroada na Coruña poderá votar polos proxectos de ámbito municipal da súa elección e por proxectos de barrio en tres distritos. Os técnicos municipais redactarán un orzamento para cada proxecto escollido.

A última fase, coa votación final, levarase a cabo entre os días 17 e 24 de novembro e nela cada votante poderá apoiar proxectos de cidade que non rebasen o límite orzamentario de 1 millóns de euros do plan e outros proxectos para tres distritos cun máximo de 150.000 euros por distrito. Os resultados publicaranse entre os días 26 e 30 de novembro.

Lage Tuñas explicou que nas vindeiras semanas levaranse a cabo campañas informativas con encontros coas entidades que o soliciten e tamén a pé de rúa. Ademais, o 010 informará a todo o que desexe participar. “O Goberno de Inés Rey demostra o seu respaldo aos procesos participativos, agardo que os coruñeses e coruñesas presenten un elevado número de boas propostas que contribúan á mellora da cidade”, indicou o portavoz do Goberno municipal.

Redacción
Redacción
Contenido publicado por la redacción de Noticias Coruña.
ARTÍCULOS RELACIONADOS

SÍGUENOS EN REDES SOCIALES

spot_img

Últimas publicaciones

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies