12.6 C
A Coruña
martes 26 septiembre 2023
InicioUrbanismoO Goberno municipal tras mais de tres anos manten encontros con axentes...

O Goberno municipal tras mais de tres anos manten encontros con axentes sociais tentando a regulación dos pisos turísticos

O concelleiro de Urbanismo e Vivenda, Francisco Díaz Gallego, reuniuse hoxe con diversas asociacións e entidades para escoitar as súas propostas e demandas para o desenvolvemento dunha normativa específica

O concelleiro de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade, Francisco Díaz Gallego, mantivo onte en María Pita encontros con diversas asociacións e entidades do tecido hostaleiro e inmobiliario, para escoitar as súas propostas e necesidades de cara ao desenvolvemento dunha normativa reguladora dos pisos de uso turístico na que está a traballar o executivo de Inés Rey.

Ao longo da mañá de onte, o concelleiro reuniuse con representantes da Asociación de Administradores de Predios, a Asociación Empresarial de Hospedaxe da Coruña (Hospeco), a Asociación Provincial de Promotores Inmobiliarios da Coruña (Aproinco), a Asociación de Inquilinos da Coruña, a Asociación de Viviendas Turísticas de Galicia (Aviturga) e do Colegio Oficial de Agentes de la Propiedad Inmobiliaria.

O obxectivo, subliñou Díaz Gallego, é escoitar a todos os sectores afectados para acordar as posibles medidas a executar, que poderían pasar por unha modificación do Plan Xeral de Ordenación Municipal vixente e pola aprobación dunha nova ordenanza. Para tal fin, o executivo de Inés Rey constituirá unha mesa de traballo cos distintos sectores, á que se convidará á Federación de Asociacións Veciñais da Coruña e Área Metropolitana.

“Buscamos que haxa pluralidade e prestar atención a todas as partes implicadas, sen perder de vista a evolución recente do mercado inmobiliario na cidade, especialmente no referente aos alugueiros”, apuntou o concelleiro, que lembrou que o Goberno municipal está a traballar na elaboración dun censo que detallará, do xeito máis minucioso posible, os aloxamentos deste tipo que existen na Coruña

Redacción
Redacción
Contenido publicado por la redacción de Noticias Coruña.
ARTÍCULOS RELACIONADOS

SÍGUENOS EN REDES SOCIALES

spot_img

Últimas publicaciones

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies