12.6 C
A Coruña
martes 26 septiembre 2023
InicioUrbanismoSande reclama mais inversión nos barrios da Coruña na súa visita a...

Sande reclama mais inversión nos barrios da Coruña na súa visita a Bens.

O candidato a alcaldía José Manuel Sande pide máis equipamentos infantís no barrio de Bens

O candidato de Podemos, Esquerda Unida e Alianza Verde á alcaldía da Coruña, José Manuel Sande, reivindicou este sábado a necesidade de que todos os barrios rurais da Coruña conten con equipamentos adicados á infancia, logo de visitar Bens xunto á representación veciñal da zona.

Mentres diversos distritos da cidade contan con parques infantís, escola municipal e mesmo facilidades como un centro cívico con programación específica, o caso de Bens semella pertencer a outra realidade. A día de hoxe non existe parque para as nenas e nenos, un punto moi negativo para as familias do barrio.

Os parques son recunchos de socialización e xogos da infancia coruñesa, mais tamén elementos facilitadores de diálogos por parte das familias en contextos adicados ao ocio.

Sande lamenta que Bens non conte cun equipamento adicado á infancia e comprometeuse a traballar para acadar este recinto e dotalo dos medios axeitados para rachar cunha discriminación histórica do barrio.

Redacción
Redacción
Contenido publicado por la redacción de Noticias Coruña.
ARTÍCULOS RELACIONADOS

SÍGUENOS EN REDES SOCIALES

spot_img

Últimas publicaciones

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies