12.6 C
A Coruña
viernes 29 marzo 2024
A Coruña
algo de nubes
12.6 ° C
13.3 °
11.1 °
82 %
5.1kmh
20 %
Mar
14 °
Mié
16 °
Jue
18 °
Vie
15 °
Sáb
12 °
spot_imgspot_img
InicioDeportesOs atletas do Gran Premio dos Cantóns de Marcha Atlética quentan motores...

Os atletas do Gran Premio dos Cantóns de Marcha Atlética quentan motores en María Pita

A concelleira de Deportes, Mónica Martínez, recibiu as/os deportistas de Ecuador, Brasil, Colombia, México e Guatemala antes da celebración “das mellores probas do mundo e determinante para os Xogos Olímpicos”

O pazo municipal de María Pita acolleu esta mañá a recepción das e dos atletas do Gran Premio dos Cantóns de Marcha Atlética, unha das probas deportivas máis importantes da cidade, e máis prestixiosas do panorama internacional desta especialidade. A concelleira de Deportes, Mónica Martínez, recibiu as/os atletas de Ecuador, Brasil, Colombia, México e Guatemala, que foron acompañados de membros da Federación Galega de Atletismo, co seu presidente á cabeza, Isidoro Hornillos. Tamén interveu no acto o delegado técnico da World Athletics, Maurizio Damilano, o primeiro gañador desta proba no ano 1987, e Raúl González, campión olímpico nos 50 km marcha e subcampión nos 20 km nos mesmos xogos do 84. Martínez lembrou que o goberno de Inés Rey mantén o firme compromiso co atletismo, co premio dos Cantóns e co deporte en xeral, e traballou man a man coa federación para que esta proba sexa todo un éxito. “Unha proba das mellores do mundo e determinante para os Xogos Olímpicos e para que o Concello se esforzou para que as condicións para as persoas participantes sexan as mellores posibles”, apuntou. Segundo o delegado técnico da World Athletics, Maurizio Damilano, “ter 35 edicións dun evento como este non é fácil; a marcha e A Coruña non se poden separar”.

Pola súa banda, Raul González, destacou o papel da Coruña, “unha cidade que se converteu na urbe que acollerá un evento histórico e decisivo para os Xogos Olímpicos de Tokio. A última parada para Tokio 2020, por iso é transcendente. México quere agradecer esta organización nun momento como o que vivimos”. Canto ao presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidro Hornillos, gabou o privilexio de recibir a estes referentes da Marcha. “Un ano olímpico, un ano especial e o reencontro porque unha cidade foi capaz de lle ofrecer á marcha mundial un gran espectáculo”.

Redacción
Redacción
Contenido publicado por la redacción de Noticias Coruña.
ARTÍCULOS RELACIONADOS

SÍGUENOS EN REDES SOCIALES

spot_img

Últimas publicaciones

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies