13.9 C
A Coruña
sábado 5 octubre 2024
A Coruña
cielo claro
13.9 ° C
14.9 °
13.2 °
94 %
1.5kmh
0 %
Jue
21 °
Vie
22 °
Sáb
20 °
Dom
19 °
Lun
20 °
spot_imgspot_img
InicioUrbanismoRey: “Os terreos portuarios non están en venda. O Porto é dos...

Rey: “Os terreos portuarios non están en venda. O Porto é dos coruñeses”

A alcaldesa, Inés Rey, sinalou que o futuro do Porto se ten que deseñar desde a cidade e reiterou o compromiso do Concello para coordinar a apertura de Batería e Calvo Sotelo co fin de que a veciñanza volva gozar destas instalacións e se mellore a mobilidade da Coruña

A alcaldesa, Inés Rey, reiterou hoxe tras a comisión técnica do Porto que a posición do seu Goberno é firme canto a que os terreos portuarios non están en venda, polo que non aceptan a proposta da Xunta de se quedar coa titularidade do 51% dos peiraos de Batería e Calvo Sotelo: “O porto é dos coruñeses e o seguirá sendo mentres eu sexa alcaldesa. Eles son os que teñen que decidir sobre o futuro da cidade”. A rexedora insistiu en que as competencias de planificación urbanística son do Concello e “imos exercelas, o futuro do Porto é o futuro da cidade e temos que deseñalo desde a cidade, en colaboración coas administracións implicadas, pero non podemos empezar subastando terreos”. Para Rey, cómpre deseñar, como se acordou na reunión do 23F, un convenio marco de reordenación do espazo portuario interior e crear un ente público que se encargue da súa xestión.

Ademais, animou á Xunta a que invista os 26 millóns de euros que formula para A Coruña porque “entendemos que o que quere o Goberno galego é axudar á cidade, mais axudar á cidade non é comprar un soar”. Neste aspecto, recordou o compromiso adquirido polo Concello para definir un novo horizonte litoral baseado nos seguintes principios: “titularidade pública dos terreos, creación de equipamentos dotacionais e espazos libres públicos e usos produtivos portuarios e complementarios vencellados á economía do mar”.

Seguindo o que marca a folla de ruta, a alcaldesa recordou que o que corresponde agora é abrir o porto á cidade nos espazos de Batería e Calvo Sotelo, xa que as concesións de San Diego non rematan até o 2027. Neste punto, púxose ao dispor do Porto de cara a coordinar a apertura e a integración destes peiraos na cidade para que, coma o sentir maioritario da veciñanza, se volva gozar das instalacións portuarias e se mellore a mobilidade na cidade, “e para iso todas as administracións encontrarán todo o compromiso e apoio do Concello”.

Redacción
Redacción
Contenido publicado por la redacción de Noticias Coruña.
ARTÍCULOS RELACIONADOS

SÍGUENOS EN REDES SOCIALES

spot_img

Últimas publicaciones

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies