13.9 C
A Coruña
lunes 7 octubre 2024
A Coruña
cielo claro
13.9 ° C
14.9 °
13.2 °
94 %
1.5kmh
0 %
Jue
21 °
Vie
22 °
Sáb
20 °
Dom
19 °
Lun
20 °
spot_imgspot_img
InicioPolíticaSande aposta pola sensibilización e as “motos limpa cacas” para evitar as...

Sande aposta pola sensibilización e as “motos limpa cacas” para evitar as deposicións animais nas beirarrúas

Insiste na necesidade de desenvolver campañas regulares sobre convivencia e boas prácticas cos animais nos barrios

José Manuel Sande, candidato de Por Coruña, a coalición de unidade conformada por Podemos, EU, Alianza Verde e independentes, avanzou este sábado a necesidade de traballar na concienciación cidadá para evitar a proliferación de deposicións de animais que se produce nalgúns barrios da cidade.

Na Coruña hai case 35.000 animais con identificación no Rexistro Galego de Animais de Compañía, supoñendo os cans a inmensa maioría dos mesmos (máis do 90%) e isto implica, ás veces, problemas na convivencia diaria das coruñesas e coruñeses.

O candidato sinala que no actual mandato non se fixo ningunha campaña sobre convivencia responsable e este tipo de situacións está entre as peor valoradas nas enquisas realizadas por colectivos de persoas consumidoras, polo que se compromete a impulsar estas accións para sensibilizar a unha parte da veciñanza, e tamén a recuperar actuacións que poden dar bo resultado.

Sande defende a recuperación das motocicletas de aspiración que mantiña a anterior empresa concesionaria do servizo de limpeza viaria e que amosaron bos resultados en municipios como Bilbao, Murcia, Santa Coloma de Gramanet ou Getafe.

A pesares de que a non recolla das dexeccións constitúe unha infracción de carácter leve, que pode sancionar o Concello entre os 100 e os 500 euros, esta conducta é de difícil aplicación, precisamente polo feito de que a Policía Local debe identificar sen dúbida algunha á persoa que non realiza este xesto, o que implica estar prácticamente presente no momento idóneo.

Por iso Por Coruña plantexa un triplo traballo: Máis medios para a limpeza viaria, concienciación e sancións que poidan exercer unha labor disuasoria.

Redacción
Redacción
Contenido publicado por la redacción de Noticias Coruña.
ARTÍCULOS RELACIONADOS

SÍGUENOS EN REDES SOCIALES

spot_img

Últimas publicaciones

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies