13.9 C
A Coruña
sábado 18 enero 2025
A Coruña
cielo claro
13.9 ° C
14.9 °
13.2 °
94 %
1.5kmh
0 %
Jue
21 °
Vie
22 °
Sáb
20 °
Dom
19 °
Lun
20 °
InicioComercioSevilla e A Coruña mellorarán a súa conectividade e traballarán ...

Sevilla e A Coruña mellorarán a súa conectividade e traballarán conxuntamente na promoción de ambos os destinos turísticos

A alcaldesa, Inés Rey, e o xerente de Turismo de Sevilla, Antonio Jiménez, asinaron un convenio de colaboración para publicitar as dúas cidades e aumentar a afluencia de visitantes

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, e o xerente de Turismo de Sevilla, Antonio Jiménez, asinaron un convenio marco co fin de dar un paso máis na colaboración entre ambas as cidades para se promocionar e acadar así mellores resultados de posicionamento turístico. Os principais obxectivos deste acordo son o desenvolvemento de accións que contribúan a optimizar a marca e imaxe dos destinos combinados. Ademais, a colaboración selada esta mañá entre Congresos e Turismo de Sevilla (Contursa) e o Consorcio de Turismo da Coruña incluirá o fomento de actuacións entre Sevilla e A Coruña. O Goberno local pretende así potenciar a afluencia de novos turistas en beneficio das industrias do sector das dúas cidades.

Ambas as entidades comprométense a través deste acordo a traballar nunha vía estable de colaboración que lles permita intercambiar soportes publicitarios e apoiarse tecnicamente canto a accións promocionais que cada un dos destinos realiza noutro municipio.

Outra liña de actuación será a organización de actividades conxuntas tanto para o público final como para axentes intermediarios en terceiros mercados estratéxicos, desde prestacións a visitas comerciais, seminarios de formación ou accións de comunicación e mercadotecnia dixital.

Por outra banda, establécese un protocolo conxunto de intercambio promocional turístico que lles permitirá articular o ano que vén FAM e Press Trips en ambas capitais, polo que se levarán a cabo viaxes de familiarización para operadores turísticos e axencias de viaxe no primeiro dos casos e dirixidos a medios de comunicación na segunda tipoloxía. Deste xeito, as e os profesionais vivirán a súa experiencia en primeira persoa á vez que se dan a coñecer os voos que enlazan ambas as cidades tanto turística como comercialmente.

En concreto, a alcaldesa acordou co presidente da Asociación de Axentes de Viaxes de Sevilla, Jose Manuel Lastra, realizar promocións conxuntas na Coruña entre a rede de axentes que forman parte de dito colectivo.

Por último, os dous organismos públicos apostarán pola sostibilidade social, económica e medioambiental en todas e cada unha das accións previstas e crearán unha comisión de seguimento para aunar esforzos e coordinar o desenvolvemento das accións conxuntas.

Redacción
Redacción
Contenido publicado por la redacción de Noticias Coruña.
ARTÍCULOS RELACIONADOS

SÍGUENOS EN REDES SOCIALES

Últimas publicaciones

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies