13.9 C
A Coruña
viernes 4 octubre 2024
A Coruña
cielo claro
13.9 ° C
14.9 °
13.2 °
94 %
1.5kmh
0 %
Jue
21 °
Vie
22 °
Sáb
20 °
Dom
19 °
Lun
20 °
spot_imgspot_img
InicioDeportesTres olímpicos con bolsa do Concello participarán nos Xogos de Toquio 2020

Tres olímpicos con bolsa do Concello participarán nos Xogos de Toquio 2020

A alcaldesa, Inés Rey, explicou que dos 46 deportistas con bolsas concedidas polo consistorio herculino, estarán en Xapón o nadador Jacobo Garrido, o judoka Alberto Gaitero e o boxeador Enmanuel Reyes

O Concello da Coruña concedeu bolsas individuais en réxime de concorrencia competitiva a 46 deportistas de 16 especialidades distintas.

O éxito da anterior convocatoria fixo que se pasase dun ano para outro de 67 a 104 solicitudes. «O ano pasado, no último cuatrimestre decidiuse dobrar o crédito e pasouse dos 60.000 euros iniciais cos que se contaba a primeiros de ano a 122.500 euros, grazas aos cartos que sobraron das subvencións por mor do aprazamento de moitos eventos deportivos pola pandemia. Así, puidemos satisfacer case todas as solicitudes. Este ano, porén, houbo que facer un grande esforzo de valoración polo aumento do número de solicitudes e pola maior competitividade alcanzada polos deportistas da cidade», sinalou a alcaldesa da cidade, Inés Rey.

Deste xeito, o Concello concederá 4 bolsas olímpicas e 2 paralímpicas valoradas en 5.000 euros, 2 bolsas para campionatos do mundo (3.500 euros), 8 para campionatos de Europa (2.500 euros), 19 para campionatos de España (1.500 euros) e 11 para campionatos de Galicia (500 euros).

A rexedora destacou que “dos seis deportistas con bolsa olímpica ou paralímpica do concello da Coruña, tres estarán finalmente en Toquio”: o nadador Jacobo Garrido, que disputará os Xogos Paralímpicos entre o 24 de agosto e o 5 de setembro, o judoka Alberto Gaitero, que xa compite este domingo, e o boxeador Enmanuel Reyes, que está pendente do sorteo para entrar en competición posiblemente a semana que vén.

Outros tres quedaron moi preto de conseguilo, especialmente o xogador de tenis de mesa Alberto Seoane e a nadadora María de Valdés. Tamén eles, igual que o halterófilo Víctor Castro, recibirán una bolsa de 5.000 euros polos seus excelentes resultados durante este convulso ciclo olímpico. O Concello quere recoñecerlles tamén a súa loita ata última hora pola clasificación para os Xogos.

Redacción
Redacción
Contenido publicado por la redacción de Noticias Coruña.
ARTÍCULOS RELACIONADOS

SÍGUENOS EN REDES SOCIALES

spot_img

Últimas publicaciones

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies