12.6 C
A Coruña
jueves 18 agosto 2022
InicioDeportesA Coruña acollerá esta fin de semana a proba do circuíto galego...

A Coruña acollerá esta fin de semana a proba do circuíto galego de categorías inferiores de volei praia

A concelleira de Deportes reiterou o compromiso do Goberno de Inés Rey co fomento do deporte e a actividade física na cidade.

A concelleira de Deportes, Mónica Martínez, presentou esta mañá xunto ao presidente da Federación Galega de Volei Praia, José Angel Luna, os tres campionatos desta disciplina deportiva que as praias de Riazor e Orzán acollerán nas vindeiras semanas. A primeira proba, o circuíto galego de categorías inferiores, terá lugar esta fin de semana. Participarán un total de 240 nenas en nenos, e contará coa colaboración do club coruñés das Calasancias.

A concelleira sinalou que a cidade terá a oportunidade de ver as e os mellores xogadores no areal de Riazor grazas á Federación Galega de volei que elixiu a cidade como escenario de distintas probas. “Deste xeito, o deporte convértese no mellor escaparate da nosa cidade”, dixo.

Martínez reiterou o compromiso do Goberno de Inés Rey co deporte e prácticas de actividades deportivas na cidade. “A prioridade da alcaldesa é manter o benestar das e dos coruñeses facilitando a práctica do deporte saudable a través de programas como “Coruña no mar” ou “Coruña en forma,” programas que están tendo un éxito enorme grazas tamén á responsabilidade das persoas participantes”, dixo.
Ademais da proba que comeza mañá, a concelleira anunciou que a vindeira fin de semana, 14 e 15 de agosto, a cidade poderá desfrutar do Campionato Galego Sénior, que contará con 96 persoas participantes, 48 homes e 40 mulleres , e “xa enganchamos toda a semana seguinte, do 16 ao 22 de agosto, co Campionato de España Sénior de clubs que reunirá na cidade a 288 deportistas”.

Martínez lembrou que como todos os eventos deportivos que leva organizados o Concello, estes contarán cos precisos protocolos e medidas de seguridade para garantir a saúde tanto das persoas participantes como da afección presente nos partidos, tanto desde as bancadas coma desde o Paseo Marítimo. “A Federación Galega de volei ten todo disposto para que os eventos decorran coa maior normalidade posible, dentro da situación que nos está tocando vivir”.

Durante o desenvolvemento dos campionatos e das actividades sinalizaranse correctamente as zonas de paso para evitar aglomeracións de persoas e controlar a fluidez na vía pública.

Mís info: https://fgvb.es/

Redacción
Redacción
Contenido publicado por la redacción de Noticias Coruña.
ARTÍCULOS RELACIONADOS

SÍGUENOS EN REDES SOCIALES

spot_img

Últimas publicaciones

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies