13.9 C
A Coruña
lunes 7 octubre 2024
A Coruña
cielo claro
13.9 ° C
14.9 °
13.2 °
94 %
1.5kmh
0 %
Jue
21 °
Vie
22 °
Sáb
20 °
Dom
19 °
Lun
20 °
spot_imgspot_img
InicioCulturaC. Tangana e Fito & Fitipaldis afianzan á Coruña no circuíto...

C. Tangana e Fito & Fitipaldis afianzan á Coruña no circuíto nacional de grandes concertos do 2022

As actuacións, o 26 de febreiro e o 19 de marzo respectivamente, suporán a volta do público de pé ao Coliseum

A Coruña volve a reforzar a súa presenza no circuíto nacional de grandes concertos coas actuacións de C. Tangana e Fito & Fitipaldis, previstas para febreiro e marzo do 2022. O Coliseum será o recinto no que actuarán dous dos artistas máis consagrados nos seus respectivos estilos musicais a nivel nacional e internacional.

Ambas actuacións suporán ademais o regreso do público de pé ao Coliseum, que mantivo durante todo este 2021 restricións para os asistentes seguindo as pautas recomendadas polas autoridades sanitarias. O recinto municipal recupera pouco a pouco a normalidade tras a pandemia.

C. Tangana anunciou estes días a súa xira ‘Sin cantar ni afinar’, coa que percorrerá diferentes países e que só conta con seis datas a nivel nacional, unha delas na Coruña. Neste concerto presentará ao gran público o seu último traballo ‘El Madrileño’, todo un fenómeno a nivel mundial. O seu concerto será o 26 de febreiro ás 22.00 horas e as entradas sairán á venda este martes 16 de novembro ás 12.00 horas a través das canles oficiais do artista. Os prezos serán: 38 euros en pista, 55 euros en tendido baixo, 45 euros en tendido medio, 32 euros en tendido alto e 32 euros na zona para persoas con mobilidade reducida.

Por outra banda, Fito & Fitipaldis regresa no 2022 á cidade para presentar o seu último traballo ‘Cada vez Cadáver’. O seu concerto será o 19 de marzo ás 22.00 horas e as entradas xa están dispoñibles a través de Ataquilla. O prezo das entradas será: 35 euros en pista, 35 euros en tendido baixo, 32 euros en tendido medio, 30 euros en tendido alto e 30 euros nas localidades para persoas con mobilidade reducida.

Este 2021 rematará con outras dúas grandes actuacións no Coliseum da Coruña. Trátase das de Van Morrison o 3 de decembro e a de Il Divo o 22 de decembro. Ambos espectáculos xa contan cos milleiros de billetes vendidos a través das canles de venda oficiais. O recinto municipal recuperou nos últimos meses a intensa actividade musical que viña desenvolvendo antes da pandemia do coronavirus. Destacadas e destacados artistas internacionais e nacionais como Rauw Alejandro, Aitana ou Trueno pasaron pola cidade e permitiron a milleiros de persoas volver a gozar da música en vivo.

Redacción
Redacción
Contenido publicado por la redacción de Noticias Coruña.
ARTÍCULOS RELACIONADOS

SÍGUENOS EN REDES SOCIALES

spot_img

Últimas publicaciones

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies