12.6 C
A Coruña
viernes 22 septiembre 2023
InicioCulturaO Concello expande a súa programación do Nadal a todos os barrios...

O Concello expande a súa programación do Nadal a todos os barrios con máis dun centenar de eventos

Este venres arranca a programación do PRESCO con actuacións infantís, concertos, teatro e danza en diversas localizacións da cidade

O Concello amplía a súa programación do Nadal grazas a incorporar as actuacións incluídas no programa PRESCO que foron anunciadas no Pleno ordinario deste mes de decembro e outros eventos de distintas áreas municipais. En total, haberá 111 actos entre este 10 de decembro e o 7 de xaneiro.

Esta ampla programación expandirase por todos os barrios da cidade, en diferentes lugares e horarios. O obxectivo é que a axenda cultural e de ocio do Nadal chegue a todas as zonas da Coruña e, deste modo, dinamice a súa hostalería e o seu comercio de barrio. Máis da metade dos eventos programados forman parte do programa PRESCO (Plan de reactivación económica e social do Concello da Coruña), unha das grandes apostas do Goberno de Inés Rey para lles axudar aos diferentes sectores tras a pandemia.

A programación conta con destacados/as artistas locais e unha gran variedade de temáticas. Haberá espectáculos de humor, concertos, danza e actividades para as e os máis pequenos. Estes actos completaranse coas actuacións xa anunciadas en teatros e recintos municipais, ademais das actividades en zonas comerciais e centros cívicos.

A programación diaria do Nadal poderase consultar nas redes sociais oficiais do Concello da Coruña.

Este venres, ademais, a alcaldesa Inés Rey inaugura a nova edición do Belén Municipal do Concello, que estará aberto á cidadanía ata o día 6 de xaneiro. Neste Nadal, o protagonismo recae na figura da enfermeira galega Isabel Zendal, homenaxeada no Belén e que tamén simboliza o recoñecemento da cidade ao persoal profesional sanitario.

O salón de exposicións de María Pita abrirá as súas portas para a exposición do Belén enhorario de 11.00 a 14.00 horas, e de 17.00 a 21.00 horas, con excepcións dos días 24, 25 e 31 de decembro, así como os días 1, 5 e 6 de xaneiro.

Por outra banda, a alcaldesa, Inés Rey, confirmou este venres que a cabalgata de Reis comezará este ano no barrio dos Mallos e percorrerá diferentes zonas da cidade. Rey sinalou que o próximo 5 de xaneiro volverá a celebrarse unha cabalgata tradicional tras ter que adaptar este 2021 o formato ás restricións e á situación sanitaria.

Poboado de Nadal en María Pita

Estes días ultímanse os traballos de instalación do poboado de Nadal da praza de María Pita. A forte treboada dos últimos días atrasou estes labores. Con todo, desde este sábado 11 de decembro estará Papá Noel xunto aos seus elfos nunha das casetas. Pódese consultar o horario na programación completa do concello. Ademais, desde este venres 10 de decembro xa é posible reservar prazas para os obradoiros que comezarán no poboado o próximo 17 de decembro.

Estes obradoiros culturais están destinados a nenas e nenos de curta idade e terán unha duración de dúas horas. Un dos obxectivos deste programa é a dinamización do comercio local, xa que os pais, nais e familias das/os participantes poderán facer as súas compras de Nadal durante ese tempo.

O horario destas actividades é: 17 decembro, de 17.00 a 21.00 horas; 18 e 19 decembro, de 12.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 horas; 22, 23, 24, 26, 27, 28, 29, 30, 31 decembro e 2 xaneiro, das 12.00 ás 14.00 horas e das 17.00 ás 21.00 horas; e 25 decembro e 1 de xaneiro, de 17.00 a 21.00 horas.

Descarga aquí el programa

Redacción
Redacción
Contenido publicado por la redacción de Noticias Coruña.
ARTÍCULOS RELACIONADOS

SÍGUENOS EN REDES SOCIALES

spot_img

Últimas publicaciones

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies