13.9 C
A Coruña
martes 3 diciembre 2024
A Coruña
cielo claro
13.9 ° C
14.9 °
13.2 °
94 %
1.5kmh
0 %
Jue
21 °
Vie
22 °
Sáb
20 °
Dom
19 °
Lun
20 °
InicioDeportesInés Rey: “É unha prioridade darlle máis visibilidade ao deporte feminino”

Inés Rey: “É unha prioridade darlle máis visibilidade ao deporte feminino”

A alcaldesa recibe en María Pita as xogadoras do Deportivo Liceo tras lograr o seu ascenso á primeira categoría do hóckey patíns

A Coruña, 27 de maio de 2021.- A alcaldesa, Inés Rey, e a concelleira de Deportes, Mónica Martínez, recibiron esta mañá en María Pita as xogadoras do Deportivo Liceo tras lograr o ascenso á primeira categoría. O acto contou tamén coa presenza de Emilio Fernández, vicepresidente do Liceo, de Cristina Fernández, directiva responsable do equipo feminino, e de concelleiras e concelleiros da Corporación.

Rey apuntou que a igualdade no deporte está cada día máis preto de ser unha realidade, “pero aínda temos moitos retos por diante”. Por iso, dixo, o Goberno local seguirá traballando para “darlles máis visibilidade aos vosos logros e aos de todas as mulleres deportistas”. Para Rey é necesario traballar máis o deporte base para facer canteira. lograr mellores patrocinadores e deixar de ter un papel secundario para coprotagonizar o mundo deportivo.

Rey expresoulles a súa satisfacción polo éxito acadado e felicitou o equipo “porque sodes un exemplo de como o traballo e a unidade vos levaron de volta á primeira categoría do hóckey feminino, a un lugar en que estou segura de que chegades para quedarvos”, e por saber transmitirlles ás rapazas valores tan importantes como a cooperación, o compromiso, a constancia, e o sacrificio. “Vós sodes un exemplo e un referente para todas as nenas que veñen detrás, que queren empezar a practicar calquera deporte e que queren chegar lonxe e competir en igualdade de oportunidades”, dixo.

A alcaldesa destacou o traballo e dedicación das xogadoras “nun camiño difícil, pero que pagou a pena” e subliñou que no deporte, como en todos os ámbitos da vida, as mulleres atopamos máis obstáculos e temos que traballar o dobre para sermos recoñecidas: “Temos que esforzarnos máis para sermos escoitadas e vistas. E iso é o que fixestes vós, traballar, estudar e adestrar para lograr a vosa meta: xogar coas mellores”.

Durante o acto, tamén lembrou as xogadoras do Borbolla ás que lles dedicou un forte aplauso: “temos que felicitalas polo seu enorme traballo, que seguro as levará o vindeiro ano de regreso á primeira categoría”.

E, por último, a alcaldesa animou as xogadoras a “seguir traballando e perseguindo os vosos soños porque estou segura de que imos vivir moitas tardes vibrantes co voso xogo”.

Pola súa banda, a directiva responsable do equipo feminino, Cristina Fernández, agradeceulles ao Concello e á cidade todo o seu apoio e mostroulles ás xogadoras a súa admiración: “Sodes unhas loitadoras, déstelo todo na pista e fóra dela”. Fernández explicou que o equipo é un orgullo para o club, consciente de que queda moito traballo por facer: “A Coruña afánase co hóckey e xuntos formamos un grande equipo”, rematou.

Redacción
Redacción
Contenido publicado por la redacción de Noticias Coruña.
ARTÍCULOS RELACIONADOS

SÍGUENOS EN REDES SOCIALES

Últimas publicaciones

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies