13.9 C
A Coruña
lunes 7 octubre 2024
A Coruña
cielo claro
13.9 ° C
14.9 °
13.2 °
94 %
1.5kmh
0 %
Jue
21 °
Vie
22 °
Sáb
20 °
Dom
19 °
Lun
20 °
spot_imgspot_img
InicioCulturaInés Rey: “O Fórum foi unha aposta de barrio que acabou facendo...

Inés Rey: “O Fórum foi unha aposta de barrio que acabou facendo cidade”

A alcaldesa destaca as máis de 10 millóns de visitas que o centro recibiu ao longo destes 25 anos.

 “Todas as persoas que estamos hoxe aquí somos Fórum” afirmou a alcadesa, Inés Rey, esta mañá durante o acto de celebración do 25 aniversario do Fórum Metropolitano. Para a rexedora, falar do Fórum é falar da vontade de ir sempre un paso por diante, de traballar de maneira conxunta. “O Fórum foi unha aposta de barrio que acabou facendo cidade”, dixo Rey, que cualificou o centro como unha infraestrutura plural e pioneira, que mesturou servizos propios do Concello con outros vinculados ao tecido social, en especial ao servizo da comunidade en que se asentou: “Un edificio singular para impulsar e dar e facilitar vida”. Destacou as miles de usuarias e usuarios que pasaron polo Fórum nestes 25 anos: “As máis de 10 millóns de visitas que converteron o centro en alma de cidade”.

Rey lembrou o carácter pioneiro do Fórum como exemplo da transformación de espazos urbanos que hoxe en día debido ás esixencia derivadas da COVID e como as ideas que representa, encontro desde a diversidade, traballo conxunto, esforzo solidario, axudan a superar os retos aos que se enfronta a sociedade. “O Fórum adiantouse á súa época tamén nisto, ensinándonos o camiño”, apuntou.

A rexedora sinalou o centro como un símbolo de proximidade “un espazo para a convivencia e a innovación, un obradoiro de experiencias, un envoltorio único para a cultura, pero sobre todo un lugar de encontro”. E lembrou que no Fórum medraron servizos como a Unidade de Servizos Sociais, o equipo de Chabolismo e o Centro de Formación Pre-laboral da Fundación Adcor porque “o Fórum tamén é empatía e solidariedade”.

Para Rey, a singularidade do Fórum é o resultado dunha aposta audaz que formaba parte dun proxecto político que defendía e acreditaba unha cidade integradora. “Sei que son moitas as persoas que co seu traballo situaron o Fórum no que é, un espazo patrimonio de toda a cidade, pero quixera facer unha especial mención a quen pensaron e imaxinaron o que hoxe é unha realidade consolidada por 25 anos de experiencias que forman parte do noso patrimonio colectivo: Francisco Vázquez e José Luis Méndez Romeu, que se empeñaron en facer deste espazo un referente cultural e social non só dun barrio senón de toda a cidade, así como a José Luis González e Agustín Lorenzo”, dixo a rexedora quen tamén lle agradeceu o seu traballo a Ana Judel e o seu equipo así como ás empregadas e empregados, ao persoal técnico, ás e aos profesionais de distintos sectores e a todas as persoas que fixeron e seguen a facer do Fórum un espazo de referencia.

Durante a súa intervención, a alcaldesa puxo en valor moitos dos programas que converteron a cidade nun referente nacional, como o ciclo Todo Público, unha proposta de artes para as familias, o Programa de Ocio que naceu no Fórum, e que máis tarde se estendeu polo resto de centros cívicos da cidade foi outra aposta para espertar novas sensibilidades entre o público máis diverso. Sen esquecer a Filmoteca Fórum Metropolitano cunha programación estable de cinema alternativo e significado que tivo a biblioteca do Fórum, que constituíu o inicio da descentralización como primeira biblioteca que saíu de Durán Loriga e que deu paso á rede de hoxe en día, todo un referente nacional.

No acto participaron entre outros Emilio Vega, ex-directivo da Asociación de Veciños Oza – Gaiteira, Agustín Lourenzo e Begoña Llamosas, primeiro e segunda directora do Fórum; Chus Teijo e Mery Conchado, primeira e actual directora da biblioteca. Tamén falaron José Luis González e Laura Cedrón, primeiro e actual animadora sociocultural do Programa de Ocio do IMCE e Ana Judel e Quique Rodríguez, primeira e segundo director do CMIX.

A música, a poesía e o humor tamén foron protagonistas da gala do 25 aniversario da man de Dorés Tembrás, Black Acoustic e o monologuista Ramiro Neira.

Redacción
Redacción
Contenido publicado por la redacción de Noticias Coruña.
ARTÍCULOS RELACIONADOS

SÍGUENOS EN REDES SOCIALES

spot_img

Últimas publicaciones

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies