13.9 C
A Coruña
sábado 18 enero 2025
A Coruña
cielo claro
13.9 ° C
14.9 °
13.2 °
94 %
1.5kmh
0 %
Jue
21 °
Vie
22 °
Sáb
20 °
Dom
19 °
Lun
20 °
InicioCulturaLudovico Einaudi presentará no Coliseum cun concerto o seu novo album o...

Ludovico Einaudi presentará no Coliseum cun concerto o seu novo album o 24 de xullo

Presentará o seu primeiro álbum só para piano, ‘Underwater’. As entradas á venda o próximo martes.

O pianista e compositor italiano Ludovico Einaudi ofrecerá un concerto o día 24 de xullo no Coliseum da Coruña. Presentará o seu álbum ‘Underwater’, o seu primeiro traballo só para piano, creado no ano 2020 durante o confinamento. As entradas para o concerto, que conta co patrocinio da Axencia de Turismo de Galicia, sairán á venda o próximo martes día 28 ás 12.00 horas a través de www.ataquilla.com e o despacho de billetes da praza de Ourense (de luns a venres de 11.00 h a 15.00 h e de 16.30 h a 19.30h).

Aínda que no disco Ludovico Einaudi e o piano sexan os únicos protagonistas, na xira de
presentación deste novo traballo o italiano estará acompañado en escena dun exquisito trío
de músicos: Federico Mecozzi (violín), Redi Hasa (violoncello), Francesco Arcuri (electrónica
e percusión). En palabras do artista, “a música deste disco chegou de xeito natural, máis ca
nunca. Sentín unha sensación de liberdade ao abandonarme e deixar que a música fluíse de maneira diferente. O título ‘Underwater’ é unha metáfora, é unha expresión dunha dimensión moi fluída, sen interferencias do exterior”. O novo traballo discográfico vén tras un ano realmente emocionante para Einaudi: os filmes ‘Nomadland’ e ‘The father’, foron galardoados ao máis alto nivel en premios tan importantes como os Oscar, os Bafta ou os Globos de Ouro. Ademais, lanzou o álbum compilatorio ‘Cinema’ que inclúe moitas das súas composicións para cinema e televisión, e tamén unha miniserie de podcast denominada ‘Experience: The Ludovico Einaudi Story’, que conta coa participación de célebres cineastas e intérpretes como Russel Crowe (‘Gladiator’), Chloe Zhao (directora de ‘Nomadland’), o galardoado Florian por ‘The Father’, Shane Meadows (‘This is England’) ou Eric Toledano (‘The Intouchables’).

Redacción
Redacción
Contenido publicado por la redacción de Noticias Coruña.
ARTÍCULOS RELACIONADOS

SÍGUENOS EN REDES SOCIALES

Últimas publicaciones

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies