12.2 C
A Coruña
sábado 20 abril 2024
A Coruña
muy nuboso
12.2 ° C
13.2 °
11.4 °
74 %
9.3kmh
75 %
Dom
12 °
Lun
12 °
Mar
14 °
Mié
18 °
Jue
18 °
spot_imgspot_img
InicioDeportesO circuíto de carreiras populares Coruña Corre volve aos barrios da cidade,...

O circuíto de carreiras populares Coruña Corre volve aos barrios da cidade, con Matogrande como punto de partida da primeira dun total de sete probas

Nesta novena edición, o calendario de citas estenderase ata o 27 de novembro e tamén chegará á Torre, San Pedro de Visma, Os Rosales, Oza, Ventorrillo e Novo Mesoiro

O Concello da Coruña impulsa de novo, despois dunha obrigada parada de dous anos por razóns sanitarias, o circuíto de carreiras populares Coruña Corre, que neste 2022 chega á súa novena edición cun calendario de sete probas ideadas para fomentar o deporte nos barrios da cidade, un compromiso adquirido polo Goberno municipal de Inés Rey durante o vixente mandato.

A concelleira de Deportes, Mónica Martínez, presentou hoxe a nova edición do Coruña
Corre en Matogrande, barrio que será o punto de partida da primeira das probas deste ano. Celebrarase o vindeiro día 23 de xaneiro, abrindo camiño a outras seis citas: o 26 de marzo, a carreira nocturna da Torre de Hércules; o 8 de maio, a Baixada Popular de Cross de San Pedro de Visma; o 22 de maio, a carreira dos Rosales; despois da pausa dos meses estivais, xa o 11 de setembro terá lugar a Volta a Oza; seguidas polas probas do 23 de outubro no Ventorrillo e o 27 de novembro en Novo Mesoiro.

“Coruña Corre é, sen dúbidas, unha ambiciosa iniciativa, unha aposta polo deporte, polos barrios e pola unión interxeracional. De feito, a familia continuará a ser un dos fíos condutores deste proxecto, xa que un dos obxectivos é que os membros dunha mesma unidade familiar acudan xuntos a cada cita e aparezan nunha clasificación deseñada para eles. Que ninguén quede na casa os días das probas. Iso si, con todas as precaucións e seguindo sempre as pautas que nos indiquen desde Sanidade”, remarcou Martínez.

Coa idea de fomentar hábitos deportivos entre a xente máis nova, contando sempre coa colaboración de nais, pais e avós, este ano levarase o Coruña Corre aos centros educativos para impulsar o deporte participativo, especialmente nas idades máis sensibles e susceptibles de que a mocidade abandone a súa práctica. Por iso, nesta nova edición creáronse categorías especiais de equipos mixtos nas categorías sub-16 e sub-18.

O percorrido de Matogrande: sete quilómetros e paso polo campus

A primeira das probas do Coruña Corre, que se celebrará en Matogrande o día 23 de
xaneiro, comezará ás 10.00 horas. Serán sete quilómetros de percorrido, coa novidade da entrada ao estadio do campus universitario de Elviña.

O prazo de inscrición para a carreira estará aberto ata este domingo, día 16, ás 23.59
horas, a través da páxina web www.corunacorre.com.

Xa está aberto o prazo de inscrición para a media maratón Coruña21 do 13 de febreiro

Ademais, o 13 de febreiro, a cidade vivirá de novo outra das súas grandes citas populares do calendario deportivo coa celebración da decimocuarta edición do medio maratón Coruña21. Desde este xoves xa é posible inscribirse a través da web www.carreirasgalegas.com. O prazo finalizará o vindeiro 6 de febreiro.

A proba, integrada no calendario da Real Federación Española de Atletismo, suporá unha nova oportunidade para gozar do running na cidade da Coruña. A inscrición será de 18 euros no primeiro prazo (ata o 30 de xaneiro); de 30 euros para os inscritos en segundo prazo (do 31 de xaneiro ao 6 de febreiro); e de 40 euros para os que se inscriban entre os días 7 e 8 de febreiro.

Haberá condicións especiais para as persoas desempregadas e xubiladas, que terán un desconto do 50 % da cota que lles corresponda.

A app móbil de Coruña Corre, xa dispoñible para descargar en Android e iOS

Para facilitar o acceso da cidadanía ao calendario e actualizacións do circuíto Coruña Corre, o Concello da Coruña impulsou a posta en marcha dunha nova aplicación móbil, xa dispoñible para dispositivos Android e iOS na Play Store e a tenda online de Apple, para que as usuarias e os usuarios interesados nas carreiras populares poidan inscribirse, consultar as súas marcas e os percorridos das probas en todo momento.

Redacción
Redacción
Contenido publicado por la redacción de Noticias Coruña.
ARTÍCULOS RELACIONADOS

SÍGUENOS EN REDES SOCIALES

spot_img

Últimas publicaciones

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies