12.6 C
A Coruña
miércoles 27 septiembre 2023
InicioDeportesO Concello impulsa a práctica dos deportes náuticos co programa “Coruña no...

O Concello impulsa a práctica dos deportes náuticos co programa “Coruña no mar”

A concelleira Mónica Martínez presenta un programa dirixido a toda a cidadanía que inclúe cursos semanais e de fin de semana de surf, paddle surf, windsurf, vela, kayak, piragüismo, submarinismo, e snorkel, entre outros.

As actividades serán de balde e ofértanse 736 prazas entre os meses de xullo, agosto e setembro

A concelleira de Deportes, Mónica Marínez, presentou esta mañá no Matadoiro a primeira edición do programa “Coruña no mar”; que nace coa intención de lle achegar os deportes náuticos á cidadanía cunha oferta variada e coa posibilidade dunha continuidade nas propias escolas das entidades colaboradoras. Trátase do primeiro programa destras características que se pon en marcha no Concello da Coruña.

O programa diríxese ás nenas e nenos (idade segundo a modalidade deportiva), a mocidade e a poboación adulta, co único requisito de saber nadar. As actividades de iniciación deportiva e lecer distribúense en dous bloques, cursos semanais intensivos (de luns a venres) e actividades de fin de semana quincenais (sábado ou domingo).

Os cursos e as actividades de “Coruña no mar” serán de balde. En total ofrécense un total de 738 prazas; 536 prazas semanais e 202 de fin de semana.

Os cursos semanais serán de surf (na praia do Orzán), paddle surf (no dique de abrigo), windsurf (na base náutica de Oza), piragüismo (tamén na base náutica de Oza), snorkel e foto subacuática (na praia de Santo Amaro) e vela lixeira (no club Marítimo de Oza, O Puntal).

As actividades de fin de semana serán kayak de mar (na base náutica de Oza), navegación costeira (na Dársena da Mariña), mergullo (no Club do Mar de Santo Amaro) e pesca fondeada (tamén no Club do Mar). As entidades colaboradoras serán: Prado surf, Marina Coruña, Club de vela Praia de Oza, Sociedade Deportiva As Xubias, Club do Mar de Santo Amaro, Vela Club Marítimo de Oza e Asociación Juan de Lángara.

As persoas interesadas deberán cubrir o formulario específico que está á súa disposición na páxina web de Deportes www.coruna.gal/deportes ou acudir ás oficinas na Cidade Deportiva da Torre, Polideportivo do Barrio das Flores e Palacio de Deportes de Riazor. Para as actividades do mes de xullo, a inscrición poderá realizarse do 8 ao 14 de xuño. E para as actividades de agosto e setembro, entre o 5 e o 12 de xullo.

Redacción
Redacción
Contenido publicado por la redacción de Noticias Coruña.
ARTÍCULOS RELACIONADOS

SÍGUENOS EN REDES SOCIALES

spot_img

Últimas publicaciones

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies