03/02/2026

O Concello mellorará a accesibilidade e a visibilidade na rúa San Pedro de Visma

A vindeira semana comezarán as obras, que responden a unha petición da asociación veciñal de Visma

Nos vindeiros días o Concello comezará as obras de mellora na accesibilidade e visibilidade na rúa San Pedro de Visma. A actuación, que responde a unha petición da asociación veciñal de Visma, tamén completará as beirarrúas entre o cruzamento coa rúa Aguillón e o centro cívico e renovará a rede de pluviais.

Hai un ano o Goberno local aprobou a expropiación forzosa de tres parcelas na devandita rúa, como antesala a estas intervencións municipais que mellorarán notablemente a accesibilidade na zona.

Ademais, hai dous anos, o Executivo que dirixe Inés Rey adecuou parte da rúa San Pedro de Visma á altura do número 51 con beirarrúas. Grazas a estas novas actuacións que se iniciarán nos próximos días, permitirase o tránsito peonil por todo o trazado.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies