12.2 C
A Coruña
viernes 19 abril 2024
A Coruña
muy nuboso
12.2 ° C
13.2 °
11.4 °
74 %
9.3kmh
75 %
Dom
12 °
Lun
12 °
Mar
14 °
Mié
18 °
Jue
18 °
spot_imgspot_img
InicioDeportesO Concello ofrecerá cursos de pádel, bádminton ou costas sás no mes...

O Concello ofrecerá cursos de pádel, bádminton ou costas sás no mes de setembro para todas as idades

O prazo de inscrición rematará o 13 de agosto e as actividades distribuiranse por grupos segundo as franxas de idade e niveis de especialización das persoas participantes

O Concello abre mañá unha nova convocatoria de actividades deportivas para o mes de setembro que inclúe desde a práctica de pádel, bádminton ou ximkana e carreiras de orientación até cursos de costas sás. Diríxense a toda a cidadanía se ben se organizarán por grupos segundo as franxas de idade e o nivel de especialización das persoas apuntadas. O prazo de inscrición terminará o 13 de agosto e as solicitudes deberanse formalizar cubrindo un formulario na páxina web www.coruna.gal/deportes ou chamando ao número de teléfono 981 18 42 00, ext. 25037, para completalo en liña, en horario de 08.00 a 15.00 horas, de luns a venres. Cada persoa poderá presentar unha única solicitude, en que téra até un máximo de dúas opcións a elixir.

A listaxe provisional publicarase o 16 de agosto e abrirase un prazo até o 18 para corrixir erros. O día 19 sortearanse as prazas en caso de que for necesario e as persoas interesadas deberán matricularse do 23 ao 31 de agosto en calquera das caixas de Deportes (Centro Deportivo de Riazor, Centro Deportivo da Torre ou no polideportivo do Barrio das Flores), con cita previa. Esta iniciativa responde á prioridade do Goberno de Inés Rey por fomentar os deportes entre toda a veciñanza e, neste caso, a través de actividades novidosas.

Todas as publicacións relativas a este proceso publicaranse a través da web
municipal www.coruna.gal/deportes e nos taboleiros de anuncios das instalacións
deportivas municipais. Así mesmo, poderase obter máis información no teléfono 981
189 800 e no de información da cidadanía 010.

Redacción
Redacción
Contenido publicado por la redacción de Noticias Coruña.
ARTÍCULOS RELACIONADOS

SÍGUENOS EN REDES SOCIALES

spot_img

Últimas publicaciones

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies