Nun partido estraño, os betanceiros saen derrotados 72-62 en Porriño.
A marca quedou en 19 vitorias consecutivas. O Ineltrón Santo Domingo Betanzos visitaba a pista
do Porriño coa posibilidade de sumar a vixésima vitoria da temporada, pero o equipo local, un dos máis
firmes candidatos ao ascenso, rompeu unha das rachas máis meritorias da Primeira Nacional. Se xa se
prevía un desprazamento difícil para os de Doc, os primeiros minutos no Municipal do Porriño xa marcaron a pauta do que ía ser a tarde-noite do sábado na vila pontevedresa: 11-0 de parcial para os visitantes e a sensación de que a primeira derrota para os betanceiros era máis ca posible.
Certo que o Santo competiu por momentos, reducindo a distancia varias veces a cinco e tres puntos, pero os espectadores locais nunca tiveron a impresión de que podía marchar o partido. Moitas combinacións en pista para os visitantes, buscando talvez a maneira de mudar a dinámica do partido, pero o certo é que o 46-33 do descanso xa case anticipou o resultado final: dez abaixo, a sensación de que o Santo Domingo podía pór en maiores dificultades aos anfitrións e un 5/28 en triplas que volve marcar un “debe” nos adestramentos da semana.
Líderes unha semana máis grazas á renda de vitorias, pero o equipo betanceiro xa aprendeu unha valiosa lección: ninguén é “imbatible” e o sistema de competición da Liga, cunha final a “catro” a vida ou morte, préstase a todo tipo de conxecturas.
PBB Godoy Maceira 72: Iván Losada 17, Lucas Vaquero 10, Dani García, David López 6, Iñigo González 8, Dani López, Óscar Pérez, Joel Martínez 16, Jorge Aller 15.
Ineltrón Santo Domingo Betanzos 62: Will Pereiro 5, Jorge Abelleira 9, Pablo Sanjurjo 2, Dani Cayado 2, Jorge Cayado, Dani Martín 9, Luís Portilla 15, Miguel Latas, Marcos Rozas 9, Ernest, Brezo 21, Pepe Moreno 4.
Nova vitoria da Goleta e do sénior feminino e estrea local dos Infantís en Primeira División
Polo lado positivo, esta fin de semana do 6-7 abril trouxo a vitoria da Goleta no seu primeiro partido de play-off da liga regular Coruña-Ferrol-Lugo de 3ª, o terceiro trunfo do sénior feminino na fase actual fronte á Estrada e a primeira vitoria do Infantil en Primeira tras perder o mércores en Vigo: 80-59 diante de Narón o domingo á mañá no Carregal. A fin de semana tamén supuxo a finalización da fase regular do Preinfantil masculino, que acabou como líder a Liga Galega Grupo Norte con 17 partidos gañados e 1 perdido, á espera da fase decisiva da competición.